miércoles, 30 de septiembre de 2015

PRINCIPIOS DE APLICACIÖN DAS NORMAS LABORAIS

Di que principio de aplicación das normas laborais se aplica nos seguintes supostos:

a) O Estatuto dos traballadores establece que como mínimo os traballadores terán un día e medio ininterrompido de descanso semanal. O contrato de traballo de Sara establece que terá un descanso semanal ininterrompido de dous días e medio.

b) O Estatuto dos traballadores establece 30 días de vacacións, pero o convenio do sector no que traballa Marcos establece un período vacacional de 60 días.

c) María quere renunciar ás vacacións deste ano, pero o empresario non lle deixa.

d) Un traballador casa por segunda vez. Xa tivo 15 días de descanso pola primeira voda, pero o xuíz tamén determina que teña os 15 días de descanso por estas segundas nupcias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario