sábado, 27 de enero de 2018

Exercicios sobre formas xurídicas

Contesta as seguintes cuestións sobre formas xurídicas de empresas:

EXERCICIO I: A Sra. Martín é unha empresaria individual que cerrou a súa empresa porque tiña acumuladas débedas por un importe de 5.000 €. Que consecuencia terá esta circunstancia sobre o seu patrimonio persoal?

 EXERCICIO II: María Fontaneda decide montar unha empresa de galletas da que sería a única propietaria. Non desexa arriscar o seu patrimonio persoal, aconséllaa sobre cales serían as súas posibilidades.

EXERCICIO III: . Noelia está pensando en constituír unha empresa que se dedicará ao servizo de perruquería.
a) que tipo de empresa lle aconsellas se non lle importa arriscar o seu patrimonio particular e non se desexa asociar con ninguén?
b) que tipo de sociedade lle conviría se non se quere asociar con ninguén nin desexa arriscar o seu patrimonio persoal?

c) e se necesita unha inversión moi grande (120.000 €) que non pode asumir ela soa?