EXERCICIO I: A Sra. Martín é unha empresaria individual que cerrou a
súa empresa porque tiña acumuladas débedas por un importe de 5.000 €. Que
consecuencia terá esta circunstancia sobre o seu patrimonio persoal?
EXERCICIO II: María Fontaneda decide montar unha empresa de galletas da
que sería a única propietaria. Non desexa arriscar o seu patrimonio persoal,
aconséllaa sobre cales serían as súas posibilidades.
EXERCICIO III: . Noelia está
pensando en constituír unha empresa que se dedicará ao servizo de perruquería.
a) que tipo de empresa lle aconsellas se non lle importa arriscar o seu
patrimonio particular e non se desexa asociar con ninguén?
b) que tipo de sociedade lle conviría se non se quere asociar con ninguén
nin desexa arriscar o seu patrimonio persoal?
c) e se necesita unha inversión moi grande (120.000 €) que non pode asumir
ela soa?