sábado, 24 de octubre de 2015

CONTRATOS DE TRABALLO

Nesta dirección web do SEPE (Servicio Público de Empleo Estatal), que substituíu o antigo INEM, podedes atopar os modelos oficiais de contratos de traballo que existen na actualidade. Se investigades algo máis na páxina do SEPE poderedes ampliar os vosos coñecementos sobre os contratos e o emprego.

MODELOS OFICIAIS DE CONTRATOS LABORAIS


miércoles, 21 de octubre de 2015

EXERCICIO DE REPASO SOBRE CONTRATOS

Para consolidar os vosos coñecementos sobre contratos, intentade facer esta actividade sobre os distintos tipos de contrato que existen.

ACTIVIDADE SOBRE CONTRATOS

viernes, 9 de octubre de 2015

Tipos de contrato de traballo

Coa axuda dos apuntamentos e buscando en internet trata de completar o seguinte cadro sobre os tipos de  contrato de traballo:

TIPOS DE CONTRATOS


miércoles, 30 de septiembre de 2015

PRINCIPIOS DE APLICACIÖN DAS NORMAS LABORAIS

Di que principio de aplicación das normas laborais se aplica nos seguintes supostos:

a) O Estatuto dos traballadores establece que como mínimo os traballadores terán un día e medio ininterrompido de descanso semanal. O contrato de traballo de Sara establece que terá un descanso semanal ininterrompido de dous días e medio.

b) O Estatuto dos traballadores establece 30 días de vacacións, pero o convenio do sector no que traballa Marcos establece un período vacacional de 60 días.

c) María quere renunciar ás vacacións deste ano, pero o empresario non lle deixa.

d) Un traballador casa por segunda vez. Xa tivo 15 días de descanso pola primeira voda, pero o xuíz tamén determina que teña os 15 días de descanso por estas segundas nupcias.

miércoles, 15 de abril de 2015

Xogo de primeiros auxilios

Poñede a proba os vosos coñecementos de primeiros auxilios con este xogo da Cruz Vermella:

XOGO


viernes, 6 de febrero de 2015

CUMPRIMENTA ESTAS DÚAS NÓMINAS

A empresa CARCA, SA con domicilio en Avenida da Coruña, 7 de Lugo (CIF B27-444222-R. CCC Seguridade Social: 27.123.123.123.444) ten contratados ós seguintes traballadores:

Mercedes Pérez Gil

NIF: 44.890.990-P
Afiliación: 27.333.333
Categoría Profesional: Administrativo
Grupo de Cotización: 3
Salario Base: 1.400 €
Antigüedad: 100 €
Títulos: 150 €
IRPF: 12%
Pagas Extras: 2 de S.Base+Antigüedad

Luis Sánchez Gil

NIF: 45.855.111-R
Afiliación: 27.333.555
Categoría Profesional: Licenciado
Grupo de Cotización: 1
Salario Base: 2.000 €
Antigüedad: 400 €
Idiomas: 100 €
Dietas de viaje: 300 €
IRPF: 20%
Pagas Extras: 2 de S.Base+Antigüedad

miércoles, 4 de febrero de 2015

CUMPRIMENTA ESTA NÓMINA CON HORAS EXTRAS

A empresa TELLADOS, SA con domicilio en Ronda de Valencia, 6 de Madrid (CIF B28-131324-E, CCC Seguridade Social: 28.222.515.222.515)ten contratado ao seguinte traballador:

Carmelo Cotón Verde                          Salario Base: 1.500 €
NIF: 38.123.868-M                              Antigüidade: 300 €
Afiliación: 28.555.435.221                  Idiomas: 100 €
Categoría profesional: Licenciado       Dietas de viaxe: 100 €
Grupo de cotización: 1                         Horas extras: 100 €
Libro de matrícula: 27                         IRPF: 15%
Pagas extras: 2 de SB+Ant.

martes, 20 de enero de 2015

CUMPRIMENTA ESTA NÓMINA

A empresa TELLADOS, SA con domicilio en Ronda de Valencia, 6 de Madrid (CIF B28-131324-E, CCC Seguridade Social: 28.222.515.222.515)ten contratado ao seguinte traballador:

Carmelo Cotón Verde                            Salario Base: 1.500 €
NIF: 38.123.868-M                                Antigüidade: 300 €
Afiliación: 28.555.435.221                    Idiomas: 100 €
Categoría profesional: Licenciado       Dietas de viaxe: 100 €
Grupo de cotización: 1                         Plus de transporte: 200 €
Libro de matrícula: 27                         IRPF: 15%

Calcula a nómina deste traballador para o mes de novembro, se ten dereito a dúas pagas extras de Salario Base máis Antigüidade.

Solución: 1.730,30 €